Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove procederá ao asfaltado da rúa Conchases

Fecha: 2017-11-27

As obras comezarán nos vindeiros días e permitirán mellorar a zona notablemente.

 

O Concello do Grove acometerá a mellora da rúa Conchases no tramo que vai desde o cruzamento coa avenida de Portugal ata A Carballeira. Neste momento o proxecto estase completando tendo en conta a valoración da mellora de tubaxes desa zona xa que, segundo o sistema de traballo do Goberno local, as obras non deben limitarse a melloras estéticas e deben resolver problemas reais. Deste xeito, ademais do abastecemento e o asfaltado, a obra inclúe a realización dun lombo diante do acceso ao colexio Rosalía de Castro.

 

Deste xeito o orzamento inicial dispoñible ascende a case 60.000 euros, dos cales 30.000 son achegados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e outros 30.000 proceden do orzamento municipal destinado a investimentos. Para poder realizar as obras dentro do prazo previsto –antes de fin de ano– estase traballando coa empresa construtora para contar con prazos claros de execución. Do mesmo xeito establecerase contacto co colexio para evitar que as obras supoñan atrancos no acceso ao centro de ensino.