O Concello de Grove elabora o calendario de aperturas da praza de abastos e de celebración do mercado municipal
Fecha: 2017-12-19
A praza de abastos abrirá catro dos festivos anuais.
O Concello do Grove puxo en marcha o ano pasado un sistema para mellorar a organización da praza de abastos tentado solucionar os continuos problemas suscitados pola falta de criterio á hora de fixar aperturas ou peches durante os días festivos. Deste xeito, durante o 2017, e por primeira vez, estableceuse un calendario anual no que, mediante o acordo cos praceiros e praceiras, se pode coñecer de antemán as aperturas e peches deste espazo.
O bo funcionamento deste sistema leva a repetir a experiencia no ano 2018. Deste xeito na reunión mantida na tarde de onte na Sala das Cunchas estableceuse o calendario do seguinte xeito valorando os festivos da localidade:
Xaneiro
1-Pechado
6- Pechado
Febreiro
14-Pechado
Marzo
29-Aberto
30-Aberto
Abril
Sen festivos
Maio
1-Pechado
17- Pechado
Xuño
Sen festivos
Xullo
16-Pechado
25- Pechado
Agosto
15-Pechado
Setembro
Sen festivos
Outubro
12- Aberto
Novembro
1-Pechado
Decembro
6- Pechado
8- Aberto
25- Pechado
O Concello do Grove editará un calendario que se repartirá nos vindeiros días entre os clientes da praza de abastos. Neste, que conterá imaxes históricas do Grove relacionadas coa actividade do mercado, tamén se indicarán os venres do ano nos que se desenvolverá o mercado que´, no caso de 2018, serán a totalidade deles, xa que só un festivo coincide ese día (12 de outubro) e a praza solicitou estar aberta ese día o que supón que tamén teña lugar o mercado semanal.