O Concello do Grove pon en marcha a mellora da recollida de pluviais e de saneamento na Praza de Arriba
Fecha: 2018-01-17
A Xunta de Goberno Local do pasado luns puxo en marcha o procedemento para esta importante mellora do centro urbano.
A Xunta de Goberno Local do pasado luns iniciou o expediente de contratación da obras de mellora de pluviais e saneamento desde a Praza de Arriba e a praza do Corgo. Trátase dunhas das zonas que se precisa intervir dentro do deteriorado e abandonado sistema de saneamento do Grove. Logo de moitos anos de total abandono, nestes anos tense posto en marcha un amplo plan de traballo a través de fondos propios e de recursos facilitados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra que está permitindo solucionar os graves problemas existentes neste ámbito.
Deste xeito, a obra da Praza de Arriba permite paliar unha das zonas con problemas máis marcados, vinculados coa zona de Beiramar, na que tamén se está traballando. O procedemento iniciado o luns permitirá que nunhas semanas se poida adxudicar a obra para que esta sexa posta en marcha o antes posible e coas garantías adecuadas.