Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove propón incrementar as subvencións para as asociacións culturais

Fecha: 2018-01-23

 

 

Na reunión mantida na tarde de onte informouse sobre a convocatoria destas axudas para 2018.

 

O Concello do Grove convocou onte as asociacións culturais do Grove para unha reunión informativa na que se abordou a convocatoria das subvencións para asociacións culturais para o presente ano. Durante a reunión déronse contas dos gastos realizados en Cultura en 2017 e fíxose un repaso pola evolución das subvencións deste tipo nos últimos anos. Deste xeito destacouse o esforzo realizado ano a ano para incrementar as axudas que se atopaban nun mínimo de 22.000 euros en 2015. O Concello do Grove comprometérase a acadar a cifra de 30.000 euros, polo que lles propuxo ás asociacións aumentar en 4.000 euros a cantidade de 2017 (que estaba en 26.000 euros). Este incremento queda, polo tanto, pendente da aprobación dos orzamentos municipais para 2018.

 

Debe destacarse que o actual reparto de subvencións se realiza sobre unhas bases que foron desenvoltas nunha mesa de traballo coas propias asociacións, o que permite realizar un reparto máis obxectivo e baseado nun programa de actividades anual que dinamiza enormemente a actividade cultural do Grove. Entre os cambios emprendidos en 2016, cando se aprobaron as novas bases, atópase o de repartir a totalidade dos fondos destinados ás subvencións, xa que anteriormente só se repartían en función duns máximos que provocaba que moitos anos quedase unha parte importante dos fondos sen distribuír.

 

Desde as asociacións culturais existe o acordo en manter as bases de anos anteriores e formuláronse dúbidas relativas aos formatos establecidos de presentación da documentación. Tamén se aproveitou a reunión para incidir na necesidade de que as asociacións lles comuniquen con antelación a súa axenda de actividades ao Concello, xa que se busca unha mellor coordinación que evite o solapamento de eventos. A publicación das bases para as subvencións de cultura de 2018 queda pendente da aprobación dos orzamentos municipais para poder realizar o incremento orzamentario acordado coas asociacións.

 

Datos das subvencións>