Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove ultima os detalles do sistema de xestión das pistas de pádel municipais do Monte da Vila

Fecha: 2018-01-24

 

 

O Concello busca facilitarlle a todos os interesados e interesadas un fácil acceso para o uso destas novas e demandadas instalacións.

 

A falta de poucos detalles para que as novas pistas de pádel municipais do Grove estean dispoñibles, o Concello do Grove ultima os detalles para a súa xestión. Entre outros trámites, o goberno local traballa para a posta en marcha da contratación de tres persoas que se encargarán da xestión do alugamento, do mantemento das instalacións e de impartir clases gratuítas deste deporte.

 

O sistema de xestión das pistas realizarase mediante alugamento. O Concello está estudando un prezo por 1 hora e media de uso de entre 10 e 12 euros. Para poder facilitar o acceso, estase implementando unha aplicación móbil que permitirá que os usuarios poidan realizar as reservas e os pagamentos comodamente. Deste xeito calquera veciño ou veciña do Grove poderá consultar os horarios dispoñibles, reservar, realizar o pagamento e acceder ao uso da pista.

 

Lembramos que esta nova instalación, anexa ao novo pavillón de deportes, consta de tres pistas e atende unha alta demanda deste tipo de deporte. Os afeccionados a esta disciplina non contaban con instalacións na vila e tiñan que desprazarase a outros lugares para a súa práctica. Deste xeito as consultas sobre o novo equipamento son constantes e xa se teñen creado clubs que empregarán as pistas para competicións.

 

A previsión é que sexa cuestións de días que as pistas poidan empezar a empregarse. Como inicio, e mentres se realizan os trámites para contar con persoal, establecerase un período de uso gratuíto no que se realizará unha reserva telefónica para poder acceder a elas. Deste xeito preténdese “rodar” adecuadamente estas pistas para comprobar que se atopan en óptimas condicións e permitir que máis persoas poidan achegarse a este novo deporte que tamén se poderá practicar no Grove.