Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove Celebra o Día Internacional da Lingua Materna

Fecha: 2018-02-22

O Concello do Grove, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, celebrou onte a festa da Lingua Materna 2018 na Escola Infantil A Galiña Azul de Rons.

 

Con este acto pretendeuse concienciar os pais e os mestres da importancia da transmisión da lingua propia desde a máis tenra infancia, etapa na que a rapazada comeza a descubrir a realidade que a rodea, asemade de poñer en valor o plurilingüismo e a diversidade cultural para a consecución dunha educación de calidade para todas e todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.

 

Durante o acto repartíronse babeiros co lema “Alimenta a nosa lingua” e folletos cun decálogo para animar os maiores a seguir promovendo e transmitindo o galego todos os días do ano.

 

Nesta acción dinamizadora estiveron presentes o alcalde do Grove, Jose Cacabelos; a concelleira de Educación, Pili Galiñanes, e a concelleira de Cultura, Emma Torres, xunto co técnico do SNL municipal e a directora e persoal do centro escolar.