Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove outorga o premio de Fotografía da Muller traballadora a 'Muller preparando a Terra', de Javier García

Fecha: 2018-03-01

 

Os premios entregaranse na Gala dos Premios Meca o vindeiro 10 de marzo.

 

O xurado do VII Concurso de Fotografía da Muller traballadora reuniuse na tarde de onte para seleccionar os tres galardoados deste ano. O concurso contou cunha importante participación xa que foron 85 as fotografías presentadas, que chegaron a O Grove dende distintos lugares de España. O xurado, conformado por integrantes do Consello Local de Igualdade e profesionais do audiovisual, manifestou a complexidade da decisión.

 

Finalmente o primeiro premio, dotado con 300 euros recaía no lucense Javier García Núñez coa fotografía “Muller preparando a terra”; o segundo, de 200 euros, en Miguel Planells Saurina, de Girona, quen presentou unha imaxe co título “Castañera”; finalmente o terceiro premio de 100 euros é para o sevillano Jesús Pérez Gil, con “Grafitera”. 

 

O xurado estivo composto por Ana Gondar, Dunia Álvarez, Manuela Domínguez, Sara Abeijón, Maruxa Alfonso e Soledad Rei. Elas tamén foron as encargadas de preseleccionar 21 das obras presentadas, que formarán parte dunha mostra na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Lembramos que os galardóns se entregarán na Gala dos Premios Meca que terá lugar o 10 de marzo ás 19.00 horas na Casa da Cultura.