Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello adxudica obras de asfaltado en seis zonas do Grove

Fecha: 2018-03-06

 

As obras teñen un prazo de execución de tres meses.

 

A Xunta de Goberno Local celebrada onte adxudicou as obras de asfaltado de plan “Zona Vella” nas cales se procederá á mellora das vías de seis barrios da localidade. As obras foron solicitadas en previsión da deterioración de pavimento (nalgúns casos xa se atopa en mal estado), que se produce durante estes meses de inverno. Dun xeito máis concreto, as obras permitirán asfaltar tres rúas do barrio do Con, no barrio da Fontiña as rúas da Auga, do Funil e da Fontiña, unha das rúas principais do barrio da Vilavella, tres rúas en Meloxo, unha vía e anexos en Campos e tres zonas de Ardia.

 

As obras foron adxudicadas por 125.301,40 euros e son financiadas a través dos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O Concello do Grove destaca a importancia destas novas obras que permitirán completar –nalgún caso– avances xa realizados, como sucede na Vilavella, e comezar a actuar noutras zonas. O obxectivo é que a humanización das rúas non só se concentre nas rúas do centro urbano, senón que se consigan melloras na meirande parte de espazos da localidade.