Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove reforza o mantemento das instalacións deportivas municipais

Fecha: 2018-04-13

Ademais dos dous encargados dos equipamentos deportivos, haberá tres monitores para as pista de pádel.

 

O Concello do Grove vén de reforzar o persoal dedicado ás instalacións deportivas municipais. Deste xeito esta semana comezou a traballar un novo encargado que se une ao que xa estaba exercendo estas funcións de tal xeito que poidan coordinar a xestión das sete instalacións deportivas do municipio: Pavillón de Deportes do Monte da Vila, Pavillón de deportes Novo Monte da Vila, Pavillón de Deportes Naútico, Campo de Fútbol do Monte da Vila, Campo de Fútbol As Lampáns, Pavillón deportivo de Conmeniño e as Pistas de Pádel Municipais.

 

Precisamente, no relativo a este último servizo, téñense incorporado tres monitores que comezarán o seu traballo o vindeiro luns. Os monitores terán como funcións: impartir clases de pádel e organizar torneos, atendendo así ás demandas dos usuarios deste servizo, ao tempo que se encargan de manter e garantir o bo uso destas pistas.