Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove volve a acoller os Cinemas de Galicia

Fecha: 2018-05-04

 

Por terceiro ano o programa auspiciado por Agadic chega á Vila Meca.

 

Por terceiro ano consecutivo O Grove vén de asinar un convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para unha nova edición de Cinemas de Galicia. Trátase dunha iniciativa na que esta entidade colabora cos concellos para dar a posibilidade de que as vilas que non contan con cines poidan ofrecer unha oferta neste senso e, ao mesmo tempo, permitir a distribución de filmes e proxectos non comerciais realizados en Europa.

 

Cinemas de Galicia comeza este ano no Grove este domingo, e faino cunha película de animación que, ano tras ano, amosan ser as de maior acollida ao participar neste programa moito público familiar. A programación dividirase en dúas quendas, a primeira delas entre os meses de maio e xuño e a segunda entre setembro e novembro. Como forma de dar cabida á iniciativa, esta desenvolverase na Casa da Cultural Manuel Lueiro Rey na primeira quenda e entre este espazo e a Carpa Institucional que nos últimos anos se habilita como “auditorio improvisado” tras a Festa do Marisco.

 

En ambos os casos, a entrada ás proxeccións ten un custo de 3 euros. As entradas poden adquirirse no propio punto de exhibición. A proposta deste ano está composta por 10 películas de animación, de drama e tamén documentais, buscando ofrecer variedade de opcións para o público asistente. En cada un dos carteis das películas que se publicitan antes disponse dun código QR polo que se pode acceder ao “trailer” do filme, permitindo coñecer o tipo de película que se ofrece.

 

Desde o Concello do Grove reitérase a aposta por este tipo de programas culturais que diversifican a oferta da localidade ao tempo que sentan as bases dunha programación estable que poderá ser realidade no novo Auditorio–Escola de Música do Grove.

 

PROGRAMA>