Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove aproba definitivamente a modificación da ordenanza de terrazas

Fecha: 2018-05-14

Non se presentaron alegacións a esta modificación.

 

O Concello do Grove informa de que rematou prazo de exposición pública da modificación da Ordenanza de terrazas do Concello do Grove, que fora aprobada no Pleno de febreiro logo de informar aos hostaleiros sobre os cambios previstos. A modificación pasa por incluír un anexo específico no referido á rúa Castelao tras a súa peonalización ao tempo que modifica o procedemento para axilizar os trámites da súa inspección e cumprimento.

 

Debe terse en conta que a referida ordenanza leva aparellada unha modificación da ordenanza fiscal cuxo borrador foi presentado ao Goberno local a pasada semana e que previsiblemente nos vindeiros días comezará a ser traballado de cara á súa presentación en pleno. Desde o Concello do Grove incídese na necesidade cumprimento da ordenanza para garantir a boa convivencia entre os hosteleiros, os usuarios das terrazas e os veciños e veciñas.