Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha un Ránking de Pádel

Fecha: 2018-05-21

O prazo de inscrición quedará aberto esta semana ata o 31 de maio.

 

O Concello do Grove informa ás persoas interesadas da posta en marcha dun Ránking de Pádel. Os ránkings son un tipo de competición que pode asemellarse ás “liguiñas” e que permiten contar cunha listaxe de xogadores organizados segundo a puntuación conseguida nesta competición. Establécense tres categorías: masculina, feminina e mixta; e diferentes niveis segundo a preparación de quen participe.

 

As persoas interesadas en participar nesta nova competición municipal tan só terán que inscribirse, o prazo remata o 31 de maio. As inscricións realizaranse nas propias pistas de pádel municipais do Monte da Vila e a data prevista de comezo da actividade é o 4 de xuño. Ofrécese un servizo de información para as e os participantes no teléfono: 607 540 506.