O Concello do Grove acolle un curso sobre Turismo sostible organizado pola Deputación de Pontevedra
Fecha: 2018-06-01
O curso consta con contidos presencias e semipresenciais e iniciarase o vindeiro luns.
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha o Proxecto “Protura” de protección do turismo rural sustentable que ten como obxectivo mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (tanto empresariado como persoal) do que significa o turismo sustentable dun destino ou empresa turística, analizando as diferentes acreditacións dispoñibles e dando exemplos de boas prácticas.
Para este proxecto é especialmente importante o traballo con aquelas empresas e empresarios turísticos da contorna da Rede Natura interesados en mellorar o seu desempeño en sustentabilidade e acceder a este nicho de mercado. Para levar a cabo estes obxectivos prográmaronse seis accións formativas, dás delas a distancia e outras catro mixtas (presencial e teleformación). Un deles desenvolverase a partir do luns na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
Trátase dunha formación que leva como título “Turismo Rural Sustentable” e que terá unha duración de 50 horas, das cales 10 terán carácter presencial e as restantes 40 realizaranse mediante unha plataforma de teledocencia. As clases presenciais comezarán o vindeiro luns, 4 de xuño ás 16.00 horas, e ata as 21.00 horas e continuarán o mércores 6 de xuño, de 9.00 a 14.00 horas na Casa da Cultura. Polo referido á formación a distancia, esta desenvolverase entre o 28 de maio e o 27 de xullo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse en protura@depo.gal ata o propio día de comezo do curso, que ten carácter gratuíto e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.