O Concello do Grove asina un convenio co Quinteiro de Temperán
Fecha: 2018-06-01
Os visitantes do Quinteiro de Temperán poderán adquirir as entradas do Museo da Salga a metade de prezo.
Esta mañá asinouse o Convenio de Colaboración entre o Concello do Grove e o Quinteiro de Temperán, espazo de turismo activo situado na parroquia de San Vicente. Trátase dun convenio como os establecidos con varias empresas de barcos de paseo polo cal o Quinteiro de Temperán porá á disposición dos seus visitantes as entradas para o Museo da Salga a metade de prezo.
Isto permite que os turistas que se acheguen ao Grove conten cunha oferta de turismo activo e experiencial verdadeiramente interesante podendo adquirir o programa completo do Quinteiro e o Museo. Deste xeito poderán achegarse ás tradicións vencelladas coa terra e o cultivo e as do mar e a salgadura de peixe. O alcalde do Grove, Jose Cacabelos, incidiu no positivo destas colaboracións ao tempo que destacou esta fórmula como unha das que permite manter O Grove como un punto de atracción turística de especial atractivo, ao contar cunha máis que interesante oferta de actividades.
Desde o Quinteiro de Temperán, ademais, puxérose á disposición do Concello varias visitas guiadas que poderán ser empregadas polo ente municipal para fins sociais e educativos. O convenio entrará en vigor nas vindeiras semanas.