Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove clausura o Taller de Lectura cunha viaxe cultural a Portugal

Fecha: 2018-06-06

O pasado domingo, as participantes do Taller compartiron o día no país veciño.

 

Concello do Grove clausurou o Taller de Lectura deste curso o pasado domingo, 3 de xuño, cunha viaxe cultural a Portugal. A iniciativa, que se viña desenvolvendo de novembro e que se estendeu ata maio. Esta actividade é froito da colaboración entre os departamentos de Cultura e Igualdade do Concello e trátase dunha actividade que se programa todos os anos con notable éxito.

 

O Taller de Lectura, ademáis de potenciar a lectura e o coñecemento da literatura, pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e a mellora da súa calidade de vida dándolles a coñecer a biblioteca como un equipamento que lles ofrece recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses. Para ese fin facilítanse diversas vivencias e experiencias, tales como encontros con autores e autoras, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas e diversas.

 

Nesa liña tense desenvolto a actividade final do Taller, cunha viaxe programada durante a cal as participantes puideron gozar dunha visita lúdico-cultural a Portugal, onde visitarion as zonas monumentais de Viana do Castelo, Esposende e Barcelos: o Museo do Traxe, a Basílica de Santa Luzia, o Templo do Señor da Cruz, a Torre Medieval de Barcelos, a Igrexa Matriz de Barcelos, e as ruínas do Pazo dos Condes de Barcelos. Así mesmo, percorreron as principais rúas destas vilas e puideron gozar da gastronomía portuguesa.

 

O Concello anima a participación neste taller, polo que as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa biblioteca de cara ao comezo de curso, a finais do ano.