Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inicia a contratación dos auxiliares de policía para a temporada de verán

Fecha: 2018-06-25

O proceso permitirá que o persoal se incorpore esta semana.

 

Hoxe comezan as probas finais para a contratación dos/as auxiliares de policía de temporada de verán. Nesta primeira convocatoria preténdense cubrir 7 prazas, que poderían incorporase de xeito inmediato ao traballo, inda que está previsto que, tras a aprobación dos orzamentos municipais, se poidan convocar outras tres prazas que completarían un total de 10 auxiliares. Trátase dunha cifra que non se tiña acadado no Grove en moitos anos e que tenta garantir melloras no servizo de cara á temporada de verán.