Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove completa a contratación de 20 socorristas para as praias da localidade

Fecha: 2018-06-25

Este servizo comezará a funcionar o vindeiro mércores, 27 de xuño en todas as praias da vila.

 

O Concello do Grove acaba de completar o proceso de contratación de socorristas para as praias da localidade. Das 22 prazas ofertadas foron completadas 20, que iniciarán os traballos o vindeiro mércores 27 de xuño. Ao mesmo tempo, o Concello porá en marcha un segundo procedemento para poder cubrir as dúas prazas que quedaron vacantes e tentar chegar ata 25.

 

A contratación deste persoal garante que todas as praias do Grove conten con servizo todos os días da semana, se ben terán un maior reforzo nas praias da zona sur, onde se concentra maior número de visitantes.

 

Desde o Concello incídese no complexo dos procedementos de contratación deste tipo de persoal (ao igual que sucede noutras vilas), o que require que as administracións superiores desenvolvan sistemas de contratación simplificados e con maiores garantías ao tempo que resulta necesario un apoio claro ás localidades turísticas que cada ano teñen que facer fronte a uns gastos moi elevados para manter praias e puntos de atracción de visitantes.