O Concello do Grove continúa coa campaña de roza e limpeza na zona de San Vicente
Fecha: 2018-06-25
Logo do traballo realizado durante as pasadas semanas, os próximas días quedará completado o acceso ás praias.
O Concello do Grove continúa co seu plan de limpeza e roza da zona rural da vila. Durante as pasadas semanas as máquinas estiveron traballando na preparación dos vieiros principais na zona da Barrosa e San Vicente do Mar, polo que, a partir de hoxe luns os esforzos se van concentrar (nalgúns casos de xeito manual) nos accesos ás praias desas zonas da localidade.
Dende o Concello do Grove incídese en que se trata dun traballo arduo e constante e que agradece a colaboración dos veciños e veciñas informando das zonas onde é preciso realizar maiores esforzos. As choivas dos últimas meses combinadas coa calor destes días facilitaron o crecemento da maleza, polo que é necesario manter a dinámica actual onde se comeza por unha zona e se inicia un percorrido que traballa constantemente día a día. Sexa como for, o comezo da temporada coincide coa preparación adecuada de todos estes camiños.