Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove reforza os servizos ao turismo coa colocación de aseos en varias zonas do Grove

Fecha: 2018-07-26

 

A praia de Peralto e a zona do Corgo xa dispoñen destes servizos.

 

A gran cantidade visitantes que se están achegando ao Grove neste verán están provocando unha maior demanda de servizos. O Concello do Grove ten establecido un reforzo especial no relativo a limpeza (con quendas de mañá e tarde), recollida de lixo (ata tres diarias) e tamén ten posto en marcha a colocación de aseos adicionais en zonas onde estaban dispoñibles, neste caso na praia de Peralto ao tempo que ten organizada a xestión para o funcionamento dos aseos dispoñibles na parte traseira do mercado municipal.

 

Trátase de lles dar servizo adecuado aos veciños e veciñas e aos visitantes que, este verán, están resultando máis numerosos que en anos anteriores. Desde o Concello do Grove incídense na necesaria colaboración de todos e todas, especialmente no relativo ao coidado das praias. Lémbrase que non se están colocando papeleiras nos areais para evitar a súa deterioración, polo que todos os usuarios deben recoller o lixo que xeren e depositalo nos colectores que se situan nas entradas das praias. O Grove mantén a súa aposta como concello pioneiro (e exemplar) no coidado do seu medio ambiente e agradece a colaboración de todos e todas para conseguir ese obxectivo.