Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca os concursos para a cafetería, a tenda de artesanía e de agasallos da Festa do Marisco

Fecha: 2018-08-22

 

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases para adxudicar estes servizos o pasado luns.

 

O Concello do Grove abre o prazo para outorgar os servizos de cafetería, tenda de artesanía e tenda de agasallos para a Festa do Marisco 2018 mediante o sistema de concurso aberto. Como vén sendo habitual nos últimos tres anos, búscase un procedemento transparente e aberto que permita que o servizo sexa facilitado nas mellores condicións de concorrencia e calidade.

 

As persoas interesadas en participar poderán consultar as bases a través do Perfil do Contratante da páxina web do Concello do Grove ou nos propios servizos administrativos municipais. Ademais das condicións técnicas básicas para cada un destes servizos, establécese un prezo de partida para participar no concurso de cafetería, de 4.000 euros, e para a carpa de artesanía, de 3.000 euros. En ambos os casos a persoa adxudicataria deber facerse cargo dos custos de montaxe das carpas que acollen as ditas actividades. No referido á tenda de agasallos, debe crearse un stand específico a cargo da persoa adxudicataria e o prezo de saída é de 2.100 euros. 

 

O Concello continúa deste xeito coa preparación da LV edición da Festa, tendo feito avances importante no programa completo desta que verán a luz nas vindeiras semanas.