Aberto o prazo de inscrición para o Programa Madruga 2018-2019
Fecha: 2018-09-05
O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, anuncia a apertura do prazo para inscribirse no Programa Madruga 2018-2019, que comezará a funcionar co comezo das clases, un curso máis, no CEIP Valle-Inclán grazas á colaboración coa Asociación de Nais e Pais dese centro escolar.
A aposta pola implantación deste programa xurdiu ante a necesidade de arbitrar mecanismos de educación complementarios que favorecesenn a compatibilidade dos horarios laborais das nais e dos pais coas xornadas educativas do alumnado dos centros educativos locais e, polo tanto, como resposta ás novas demandas sociais.
A inscrición está aberta desde o 5 de setembro e poderá formalizarse, como en anos anteriores, no Rexistro do Concello, situado no baixo do número 3 da rúa Alcade Xacobe Barral Otero.