Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acomete a limpeza das estradas de titularidade autonómica

Fecha: 2018-09-20

 

Ante a inoperancia da Xunta de Galicia e a proximidade dun dos eventos turísticos máis importantes de Galicia fixo necesaria e urxente esta actuación.

 

Dende hoxe, e durante os vindeiros días, os operarios municipais do Grove están realizando a limpeza da estrada de acceso á localidade. Trátase dunha estrada de titularidade autonómica sobre a que se vén demandando limpeza e mantemento sen que esta fose realizada. Deste xeito, o mal aspecto que xera esta importante vía (a único de acceso á localidade) require que, finalmente, a limpeza sexa acometida por servizos do Grove. Neste caso contouse con maquinaria da Mancomunidade do Salnés, que no período en que é cedida ao Concello foi dedicada a esta zona.

 

Unha vez máis, resulta urxente reclamar que a Xunta de Galicia se faga cargo destes espazos e acometa os mantementos e limpezas que son necesarios. A situación xa resulta grave ao longo do todo ano e do verán, canto máis ás portas dunha celebración tan importante como a Festa do Marisco, escaparate turístico do Grove e de toda Galicia.