Novo grupo de crecemento persoal para a saúde integral
Fecha: 2018-10-16
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello do Grove abre o prazo de inscrición para un novo grupo de crecemento persoal para a saúde integral.
Despois de varias edicións, desde o ano 2016 seguen xerando espazos para o re-encontro cunha mesma e coas demais.
Desta volta comeza o xoves día 18 de outubro, das 17.00 ás 20.00 h, na Escola Infantil Monte da Vila. Continuará cada xoves ata o día 20 de decembro, agás nos xoves festivos (1 de novembro e 6 de decembro) que pasaría para o mércores desa mesma semana.
As prazas están limitadas. Inscrición e/ou máis información no teléfono 986 730 900 ou enviando un correo a dinamizacim@gmail.com.