O Concello do Grove participa na sinatura do convenio da campaña ‘En Negro contras as Violencias’
Fecha: 2018-11-12
O acto de sinatura do protocolo tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela.
O Concello do Grove asinou esta mañá no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, o Protocolo de colaboración para o desenvolvemento da campaña “En Negro conta as Violencias”. Trátase dunha acción conxunta na que participan máis de 100 concellos e que ten como obxectivo principal sensibilizar a poboación sobre a situación de violencia que viven as mulleres polo feito de selo.
Son 32 os concellos novos que se teñen adherido no último mes a este proxecto dando pé a unha “cooperación intermunicipal sen precedentes en Galicia”, segundo o propio Concello de Santiago de Compostela, quen encabeza a proposta. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Noemi Outeda, participou no acto celebrado en Santiago, facendo que O Grove se atope, unha vez máis, entre os concellos de referencia na loita contra esta lacra social.