Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca o concurso de Postais de Nadal

Fecha: 2018-11-26

 

O concurso está dirixido a alumnado de eduación infantil e primaria.

 

O Concello do Grove chega este ano á vixésima convocatoria do Concurso de Postais de Nadal. Trátase dunha proposta dirixida a rapaces e rapazas de educación infantil e primaria do Grove que poderán presentar os seus debuxos ata o martes 18 de decembro. O tema para desenvolver o seu debuxo é o Nadal e a técnica é totalmente libre. A presentación dos traballos poderán facerse na Biblioteca Municipal ou nos propios centros escolares.

 

Os debuxos participantes serán expostos na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a partir do 21 de decembro e o debuxo gañador será o que empregado polo Concello para felicitar o Nadal. O premio para o gañador será un lote de libros e material escolar e a entrega de premios terá lugar o venres 21 de decembro ás 18.00 horas na Casa da Cultura.