Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Obradoiro de Hostalería marca un novo cuadrimestre de colaboracións

Fecha: 2019-02-06

 

O alumnado do Obradoiro ten participado en numerosos eventos e actividades amosando o seu bo facer e preparación.

 

O Obradoiro de Hostalería do Concello do Grove ten marcado unha metodoloxía clara de carácter práctico e participativo. Deste xeito, como xa se vén observando no primeiro cuadrimestre, os alumnos e alumnas deste obradoiro teñen participado de xeito activo e desde un perspectiva totalmente profesional en numerosas actividades e eventos organizados polo Concello e por colectivos sociais da localidade.

 

Do mesmo xeito, xa no segundo cuadrimestre seguirán as propostas nesta liña. Deste xeito o vindeiro martes, 12 de febreiro, os estudantes en formación poderán participar nunha Master Class co gañador do 3º Premio do Concurso de Mexillón Amegrove, que se celebrou na pasada Festa do Marisco. Rubén García é tamén gañador do “Mandil de Ouro da Feira de Tapas de Vilagarcía” e, por segundo ano consecutivo, da “Festa da Ameixa de Carril”. A súa sesión centrarase, precisamente, na posta en valor do mexillón do Grove.

 

Co obxectivo posto na promoción co mexillón, estableceuse unha colaboración directa coa cooperativa Amegrove que, xunto con Emgrobes, están traballando na proposta dunhas Xornadas Gastronómicas específicas para este marisco.

 

Ademais da colaboración con estas entidades, tamén se estableceu outra liña de traballo cos conserveiras locais e os alumnos e alumnas xa están poñendo en marcha proxectos de I D para o desenvolvemento de novas salsas para as liñas de Isabel e Cuca da empresa Conservas Isabel.

 

Debemos indicar, ademais, que desde o Obradoiro se está traballando para realizar actividades relacionadas coa gastronomía do Entroido que se incluirán na programación desta importante festa local.