O Grove asina un convenio coa Escola de Canteiros para a reparación das esculturas de Moreiras
Fecha: 2019-03-06
A Escola de Canteiros comezará a traballar o antes posible na recuperación das obras danadas polos vándalos nos pasados meses.
O Concello do Grove vén de asinar un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra co obxecto de que a Escola de Canteiros dependente desta institución realice as reparacións necesarias no conxunto escultórico de Punta Moreiras. Lembramos que varias pezas deste conxunto sufriron un grave ataque vandálico e algunhas das esculturas quedaron sen cabeza e con outras partes danadas. A Escola de Canteiros ocuparase de restaurar estas pezas e revisar algunha outra que presentaba danos menores.