Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha a reforma da antiga Escola do Monte da Vila como espazo para o programa Vellos Tempos

Fecha: 2019-03-26

 

O inmoble foi desafectado e volver a permitirse o seu uso municipal.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove acaba de poñer en marcha a reforma da antiga Escola Infantil do Monte da Vila que será destinada a ampliar as prazas do programa Vellos Tempos de atención a persoas maiores. Este espazo foi desafectado logo de que deixara de reunir as condicións como escola infantil, o que fixo que a Xunta o pechara e permitiu que o Concello o recuperase.

 

Logo das valoracións técnicas do espazo, os estudos realizados indicaban que, para calquera uso, era preciso unha reforma e mellora deste. Logo de estudadas as demandas, quedou claro que o seu mellor uso era o adicado a un dos servizo municipal con maior demanda. Deste xeito a reforma realizada permitirá ampliar o número de prazas para o programa Vellos Tempos.