Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove presenta unha importante programación para a celebración do mes das Letras Galegas

Fecha: 2019-04-26

 

O Concerto de Treixadura será unha das citas fundamentais do mes de maio no Grove.

 

Como ven sendo xa unha tradición, o Concello do Grove acaba de poñer en marcha unha programación vinculada co Día das Letras Galegas que abarca todo o mes de maio. As actividades darán comezo o vindeiro día 4 e prolongaranse ata fin de mes incluíndo actividades de lectura, teatro e música. Precisamente, durante todas estas semanas as visitas aos centros educativos por parte do persoal da biblioteca municipal poñerán o acento na formación e na divulgación da lectura en galego.

 

As actividades para os máis cativos tamén forman parte dun programa que se completa cun concerto de Treixadura na praza do Corgo o vindeiro 18 de maio e, por suposto, a propia Festa das Letras o 17 de maio na praza de Arriba, coa participación dos libreiros locais e, xa pola tarde, a tradicional Festa que organiza a Asociación Cultural Cantodorxo. Ademais desta asociación, tamén a Coral da Confraría San Martiño e a Asociación Cultural e Musical Os Firrás colaboran no programa.