A Deputación de Pontevedra concede unha subvención para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística
Fecha: 2019-04-29
A axuda de 15.000 euros foi aprobada a pasada semana.
A Deputación de Pontevedra acaba de comunicar a concesión dunha subvención de 15.000 euros ao Concello do Grove para o “Mantemento do servizo de normalización lingüística”. Deste xeito a localidade segue a manter este servizo, que realiza un papel fundamental na divulgación da cultura e da lingua galega, ao tempo que se ten posicionado como un referente en formación da nosa lingua.