Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha un servizo de telexestión dos bombeos para optimizar a resposta ante problemas

Fecha: 2019-05-02

 

Trátase dun sistema que permite ter monitorizados 24 bombeos de augas residuais da localidade.

 

Logo de que o pasado ano se puxera en funcionamento un sistema de telexestión dos tres depósitos de auga do Grove, permitindo que as alertas por problemas neste chegaran en tempo real aos teléfonos móbiles dos responsables de mantemento, este ano o sistema estenderase aos bombeos de augas fecais. Ata 24 bombeos deste tipo contarán cun sistema que detectará posibles problemas alertando deles a través do sistema dixital. Trátase dun notable avance que optimiza os tempos resposta así como os proceso de traballo, non sendo preciso contar coa presenza física do persoal.

 

A adxudicación do novo sistema foi aprobada pola Xunta de Goberno Local celebrada esta semana e o investimento realizado ascende a 18.077,40 euros.