Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove completa unha obra que mellorará o abastecemento na zona rural

Fecha: 2019-05-02

 

A intervención tivo un custo de 70.000 euros.

 

Esta semana completáronse os traballos de mellora dos bombeos do Espiño. Esta obra, xunto coa mellora da tubaxe que conecta Balea Marítima con Balea permitirá achegar máis caudal de auga e, polo tanto, maior presión durante os meses de verán. Trátase dun problema que se arrastra desde hai anos e que supuña incluso falta de abastecemento na zona de Reboredo. O problema requiriu de varias actuacións en canto a tubaxes e plantexamento do circuíto que agora se completan coa mellora dos bombeos.

 

O investimento de 70.000 euros neste punto permite que se distribúa mellor e con máis presión a auga a tres zona diferenciadas: San Vicente, San Vicente do Mar e a zona de Balea-Reboredo.