Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aprazado o obradoiro de horta ecolóxica dirixido a nenos e nenas de 12 a 17 anos

Fecha: 2019-05-02

 

O Concello do Grove informa do aprazamento do obradoiro de horta ecolóxica Plantate en Eco que está dirixido a nenos e nenas de 12-17 anos.

 

Este obradoiro, que se ía realizar os días 2, 3 e 4 de maio, queda adiado para os días 20, 21 de maio (en horario de 17.30-19.30 h) e o día 24 de maio (sábado), de 11.00-13.00 h.

 

A rapazada que queira participar na actividade aínda pode inscribirse na Oficina de Información Xuvenil (OMIX), situada no 2º andar da Casa do Concello (986 730 609, omix@concellodogrove.es).

 

Lembramos que o obradoiro que está dirixido a público maior de 18 anos (con prioridade de 18-30 anos) mantense para os días 9 e 10 de maio en horario de 17.30-20.30.

 

Os dous obradoiros vanse levar a cabo nas instalacións da Horta de Adelina e son de balde para todas as persoas participantes.