Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Deputación de Pontevedra autoriza o proxecto de Local Social de Reboredo

Fecha: 2019-05-09

 

Este último trámite permitirá que a próxima XGL poida iniciar a licitación da obra. Nesa mesma Xunta de Goberno tamén se adxudicará definitivamente a obra do Auditorio-Escola de Música.

 

A Deputación de Pontevedra comunicoulle hoxe mesmo ao Concello do Grove a autorización para a construción do Local Social de Reboredo. A continuación tan só é preciso que a Xunta de Goberno Local, que se reunirá o vindeiro luns, aprobe o inicio dos trámites de licitación para a contratación da obra. Isto suporá dotar o rural do Grove dun local social que vai cubrir unha necesidade moi importante desa zona.

 

Auditorio

 

A empresa gañadora do concurso de construción do Auditorio-Escola de Música presentou xa a documentación requirida, polo que a Xunta de Goberno Local do luns tamén poderá proceder a adxudicar definitivamente este proxecto. Logo diso só será preciso que transcorran quince días de exposición para que poidan comezar as obras. De xeito paralelo tamén se procederá, durante eses quince días, ao procedemento de contratación da dirección facultativa do Auditorio.