O Concello do Grove iniciou esta semana o programa cultural para os meses de verán
Fecha: 2019-07-05
As dúas primeiras actividades realizadas acadaron un considerable éxito de público
O Concello do Grove acaba de poñer en marcha a programación cultural para os meses de verán, que contou cunha extraordinaria resposta por parte da poboación.
O mércores tivo lugar a proxección da película de animación “Ralph rompe Internet”, que congregou un bo número de familias, cerca de 100 persoas puideron gozar da película e da proxección de curtas.
O xoves, A Banda do Sequío inaugurou o ciclo Xoves Musicais abarrotando a praza do Corgo desde o primeiro minuto. O concerto, que comezou ás 21.30 h, estendeuse durante máis de dúas horas entretendo e facendo cantar e bailar o público asistente.
As actividades continuarán a vindeira semana con novas propostas, o martes terá lugar a primeira sesión de Contos a pé de rúa coa obra “Amoriños contei”, de Tarabelos, dirixida a público familiar. Nesta obra utilízanse diferentes técnicas para chegar e entreter ao público: contacontos, monicreques de boca, mesa, luva e variña, escenografía e ilustración.
O mércores unha nova proxección de cine na rúa do Hospital. A película “Campeones”, inspirada na historia do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por personas con discapacidade intelectual, que gañou doce campionatos de España entre 1999 e 2014.
Xa o día 11 o ciclo Xoves Musicais traeranos un novo concerto dos Beyer Boys, que entreterán o público asistente cos seus temas.