Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha a edición da bienal do Simposio de Escultura ao Aire Libre

Fecha: 2019-07-22

 

O xurado, convocado segundo as bases, selecciona os tres participantes na V Bienal do Simposio de Escultura ao Aire Libre.

 

Seguindo a traxectoria dos últimos anos, convocouse o xurado para a selección das tres obras que se levaran a cabo entre setembro e outubro.

 

As obras elixidas corresponden aos proxectos dos seguintes escultores:

  • Christian Ignacio Alvarenga, de Arxentina, coa obra “Flor de Piedra”
  • Aleksander Eflimouski, de Macedonia do Norte, coa obra “Entwined”
  • Ferhat Özgür Górel, de Turquía, coa obra “Recurrence”

 

Ademais de dous suplentes para o caso de renuncia dalgún dos autores anteriores. Serían, por orde, Marina Gutíerrez, coa obra “Maternidad”, e Krokhaliou Kiryl, coa obra “Crying Cyclop”.

 

O certame inaugurarase o 20 de setembro e o acto de clausura prevese para o 12 de outubro, día no que se volverá a reunir o xurado para redactar a acta da clasificación e premios dos traballos realizados. Os premios serán de 1500, 900 e 500 euros.

 

As tres pezas esculpiranse en granito galego e pasarán a formar parte do patrimonio artístico do Concello do Grove.