Recepción ás persoas participantes no campo de traballo ‘A terra que habita no mar’
Fecha: 2019-09-03
Onte luns o alcalde do Grove recibiu as e os participantes
Entre o 1-12 de setembro, un total de quince persoas de entre 18 e 30 anos estarán participando no Campo de Traballo “A terra que habita no mar” que lle concedeu a Consellería de Política Social ao Concello do Grove e que está xestionado polo Cámping Os Fieitás.
Este campo, de ámbito internacional, está facendo un traballo medioambiental e patrimonial que consiste na recuperación de varios miradoiros de aves e na extracción de plantas invasoras en diferentes praias do Grove.
As persoas participantes veñen de diferentes lugares de Galicia e tamén do resto do Estado español (Sevilla, Castellón, Badaxoz, Toledo, Zaragoza) e mesmo do estranxeiro (Italia, Alemaña e México).