Novas clases de Body Jump
Fecha: 2019-11-05
A Concellería de Deportes anuncia o comezo de novos grupos para clases de Body Jump. Os horarios que se ofertan son os luns e os mércores de 9.00 a 10.00 h no pavillón de deportes do Monte de Vila e tamén os luns e os mércores de 20.00 a 21.00 h e de 21.00 a 22.00 h no pavillón do colexio Conmeniño. As clases comezan o luns 18 de novembro de 2019.
A inscrición poderase facer a partir do xoves 7 de novembro, en horario de 9.00 a 14.00 h, no Rexistro do Edificio Administrativo Municipal. O custo da actividade é de 17 € ao mes. Para participar nesta actividade deportiva é necesario ser maior de idade.
O Body Jump consiste nun exercicio de coordinación de intensidade media-alta que se realiza saltando sobre unha cama elástica ao ritmo da música, seguindo as indicacións dun adestrador. Os beneficios desta actividade son múltiples, como a mellora do equilibrio, da postura, da coordinación, o alto consumo calórico, ademais da prevención da osteoporose.