Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Campamentos de Verán Depo Aventura A Lanzada e Campamentos Polideportivos

Fecha: 2020-03-10

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Grove informa das convocatorias de campamentos de verán que leva a cabo a Deputación de Pontevedra. As persoas interesadas en acadar máis información poden dirixirse a esta oficina, situada no segundo andar da Casa do Concello.

 

En canto a Depo Aventura A Lanzada, é unha actividade dirixida á rapazada nacida entre os anos 2007-2012. Cómpre estar empadroado/a nalgún concello de Pontevedra e non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa. O prezo é de100 € (80 €, familias numerosas ou monoparentais). O prazo está aberto ata o 25 de marzo e as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica (https://sede.depo.gal) cubrindo o formulario que xerará a solicitude en pdf. Este deberá gardarse para presentala electronicamente na Sede electrónica. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos. Hai 11 quendas de seis días de duración desde o 21 de xuño ata o 5 de setembro. Pode consultar o texto completo das bases no seguinte enlace: https://www.depo.gal/depo-aventura

 

Pola súa vez, os Campamentos Polideportivos van dirixidos á rapazada nada entre os anos 2006-2013. Tamén é mester estar empadroado/a nalgún concello de Pontevedra para poderse inscribir. Neste caso o PREZO é de 125 €, cun desconto do 20% no caso de familias de 3 fillos/as e do 30% se son máis de tres. O prazo de inscrición remata o 16 de marzo. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica (https://sede.depo.gal). Unha vez cuberto o formulario, xerarase a solicitude en pdf, que deberá ser gardada para a súa presentación telemática na Sede electrónica. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos. Hai seis quendas de cinco días de duración desde o 6 de xullo ata o 22 de agosto. Bases no seguinte enlace: https://www.depo.gal/campamentos-polideportivos