Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AVISO: ROSCAS DE PASCUA

Fecha: 2020-04-01

 

Ante a proximidade da Semana Santa, o Concello do Grove quere aclarar que tanto as panaderías como as pastelerías da localidade están autorizadas para facer roscas de Pascua.

 

Non obstante, debido ao estado de alarma decretado por mor da crise do coronavirus e dado que este tradicional doce non se considera un produto de primeira necesidade, as persoas que desexen comprar roscas deberán encargarllas telefonicamente ou por calquera outro medio á súa panadería ou pastelería de referencia e será o propio establecemento quen llelas entregue no seu domicilio, se dispón deste servizo de reparto.

 

Así pois, non está permitido acudir ás panaderías ou pastelerías unicamente para recoller roscas.