Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

ANUNCIO: CONSULTA PÚBLICA DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE REDES DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

Fecha: 2020-04-21

 

Segundo o previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, antes da elaboración da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de redes de sumidoiros e depuración de augas residuais, solicítase a opinión das persoas e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura modificación da ordenanza acerca de:

  1. Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
  2. A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  3. Os obxectivos da norma.
  4. As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

As e os cidadáns, as organizacións e as asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Tendo en conta a situación extraordinaria motivada pola Covid-19, poderán achegarse tamén por correo electrónico ao seguinte enderezo: tesorera@concellodogrove.es.

 

Texto completo do anuncio (en PDF)