Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AS FLORERÍAS DO GROVE FARÁN ENVÍOS DE FLORES AO CEMITERIO MUNICIPAL

Fecha: 2020-04-29

 

O Concello do Grove abre unha vía que permite o envío de flores ao cemiterio municipal a través das florerías locais, para que a veciñanza poida honrar as súas persoas defuntas con garantías de seguridade durante a crise do coronavirus.

 

O cemiterio municipal permanece pechado ao público desde a entrada en vigor das medidas establecidas para controlar a Covid-19. Con esta medida, as persoas que o desexen poden facerlles chegar flores ao seus defuntos, tras encargarllas por teléfono ou por internet á florería, e será o persoal da propia florería quen as traslade ata a instalación municipal e as coloque na sepultura ou no nicho indicados.

 

Este servizo estará dispoñible unicamente os días laborables desde as 9.00 ata as 13.00 h.