O CONCELLO ELABORA CARTEIS DIVULGATIVOS SOBRE AS ZONAS SENSIBLES Á COVID-19 EN LOCAIS ONDE SE DESENVOLVEN DISTINTAS ACTIVIDADES
Fecha: 2020-05-10
O Concello do Grove, a través da súa Concellería de Sanidade, elaborou unha serie de carteis informativos sobre as zonas que requirirán maiores coidados na loita contra o coronavirus en distintos tipos de establecementos.
En concreto, son unhas infografías explicativas relativas a tendas con e sen cociña, restaurantes e bares, salóns de peitado, zonas comúns de hoteis, comedores e oficinas, centros educativos e canchas e vestiarios deportivos.
Deste xeito, o Concello quere adiantarse ás seguintes fases informando adecuadamente de protocolos e comportamentos que deberán ter en conta tanto as persoas prestadoras de servizos como as usuarias destes.
Pode consultar os carteis premendo na seguinte ligazón:
Infografías para a prevención en establecementos>