O MERCADO SEMANAL COMEZARÁ A SÚA REAPERTURA COS POSTOS AGROALIMENTARIOS ESTE VENRES
Fecha: 2020-05-13
A apertura adáptase ás medidas establecidas polo Goberno para garantir a seguridade.
O Concello do Grove comeza coa reapertura do mercado municipal e, tal e como se indicou, farao gradualmente. Así pois, este venres comezarán os postos de produtos agrícolas, alimentación e plantas. Estes postos deberán cumprir coas condicións de control hixiénico e serán distribuídos de xeito lineal e separado para manter as distancia entre os consumidores.
O Concello reitera a necesidade de que a veciñanza manteña as condicións de seguridade en canto ao uso de máscaras e á distancia social, ademais das correspondentes medidas hixiénicas, polo que recomenda que as persoas acudan ao mercado de xeito gradual e adecuadamente equipadas.