O CONCELLO DO GROVE REPARTIRÁ MÁSCARAS PROTECTORAS INFANTÍS ESTE XOVES E VENRES
Fecha: 2020-05-19
Seguindo coas medidas preventivas municipais ante a Covid-19, o Concello vai repartir esta semana máscaras protectoras para as nenas e os nenos a partir dos 3 anos da localidade co fin de procurarlle tamén á rapazada meca unha saída dos seus domicilios máis segura.
O reparto realizarase este xoves 21 e venres 22 de maio, de 16.30 a 19.30 horas na casa da cultura do Grove, seguindo todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias, que incluíron a desinfección previa destas dependencias municipais.
Desde o Concello pídese a máxima colaboración por parte da cidadanía e, neste sentido, agradécese que acuda a recoller as máscaras unha única persoa adulta da familia, preferiblemente sen o acompañamento de menores, para evitar aglomeracións, facilitar o mantemento das distancias de seguridade recomendadas e non poñer nun risco innecesario a saúde de ninguén.
