O CONCELLO DO GROVE ORGANIZA UN REPARTO DE MÁSCARAS ESPECÍFICO PARA A MOCIDADE DA LOCALIDADE
Fecha: 2020-05-22
A medida non só facilita un material fundamental, senón que pretende concienciar o colectivo xuvenil sobe a importancia deste elemento de prevención.
Dentro das medidas adoitadas polo Concello do Grove para a prevención da Covid-19, este luns 25 de maio terá lugar un reparto de máscaras protectoras destinadas a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos residentes no municipio. Este colectivo require de medidas específicas de concienciación, polo que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) considera interesante realizar este reparto onde, ademais de facilitarlles este material de seguridade, se fará fincapé no importante que é que tomen conciencia sobre o seu uso en todos os espazos públicos, tanto ao aire libre como pechados, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal (máis alá da súa obrigatoriedade) 😷
👉 O reparto realizarase o vindeiro luns 25 de maio entre 12.00 e 13.00 horas na Casa do Concello, mantendo todas as medidas de seguridade e hixiene, polo que se solicita tamén que as persoas que acudan teñan os coidados específicos, asistindo soas e mantendo en todo momento as distancias de seguridade ↔️
ℹ️ Información xuvenil dispoñible
Desde o Concello aprovéitase para informar de que a Oficina de Información Xuvenil segue en funcionamento e dispoñible para atender calquera consulta ou necesidade relacionada coa mocidade no teléfono ☎️ 886 214 933 e no correo 📧omix@concellodogrove.es.