Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AUTORIZADO O MOVEMENTO DE AREA PARA O ACONDICIONAMENTO DA PRAIA DE PERALTO-CONFÍN

Fecha: 2020-06-02

 

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico autorizou esta actuación.

 

O Goberno central acaba de responder favorablemente á solicitude realizada polo Concello do Grove o pasado 19 de maio relativa ao acondicionamento da praia de Peralto-Confín. Na instancia informábase de que a area da praia se acumulara ata chegar ao nivel do paseo marítimo, polo que era preciso recolocar o areal para mellorar o estado da referida praia. Deste xeito, reduciríanse 50 cm da franxa máis próxima ao paseo para desprazala 3 metros máis abaixo, en dirección ao mar.

 

Segundo consta na autorización, todo o traballo de movemento realizarase respectando todas as medidas de seguridade e, por suposto, evitando calquera impacto inadecuado nesta praia urbana que, ademais, tivo un importante papel durante estas fases de desescalada como lugar de lecer nas franxas horarias marcadas. O Concello dispón así do permiso que permitirá acometer esta mellora nunha das principais praias urbanas da localidade.