O CONCELLO DO GROVE CELEBRA O DÍA DOS OCÉANOS CO MUSEO DA SALGA COMO PROTAGONISTA
Fecha: 2020-06-03
Un concurso en liña organizado pola Asociación de Amigos da Salgadeira de Moreiras centrará a celebración deste día.
A Asociación de Amigos da Salgadeira de Moreiras, en colaboración co Concello do Grove, celebrará o 8 de xuño o Día Mundial dos Océanos cunha actividade en liña dirixida ao alumnado de educación primaria. Trátase dun concurso de preguntas que está dispoñible dende onte día 1 de xuño ata o 14 deste mesmo mes a través da ligazón ttps://quizizz.com/join?gc=2165895
Quen participe obterá un diploma acreditativo da súa achega e ademais está previsto que, cando as condicións sanitarias o permitan, poida asistir a unha xornada lúdica e recreativa no espazo museístico das Salgadeiras de Moreiras. Para resolver calquera dbida﷽﷽﷽﷽﷽﷽queira dos das Salgades articipar nunha xornada lonsumidores. petitiva antes de que o resto de municipios reaccionen. úbida están dispoñibles os correos electrónicos museo@concellodogrove.es, amigosdemoreiras@gmail.com ou pódese pedir información a través das redes sociais.
O Día Mundial dos Océanos celébrase dende o ano 2009 auspiciado polas Nacións Unidas, e tenta concienciar sobre a necesidade e a urxencia de protexer os ecosistemas marítimos costeiros así como os mares e os océanos en xeral co fin de reducir os impactos negativos sobre estes. As iniciativas postas en marcha para conmemorar esta data, como a realizada en relación co Museo da Salga, deben lembrar que os océanos do mundo, a súa temperatura, química, correntes e vida moven sistemas que fan que a Terra sexa habitable para a humanidade.