Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE REALIZA ACCIÓNS DE FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA O PERSOAL MUNICIPAL

Fecha: 2020-06-18

 

Este ano a formación inclúe un módulo formativo sobre as medidas de prevención en relación coa Covid-19.

 

O Concello do Grove iniciou esta semana unha serie de accións formativas de prevención de riscos laborais dirixidas aos traballadores e ás traballadoraas municipais, nunha primeira fase, dirixidas ás novas contratacións de temporada estival. Posteriormente tamén se ofertará unha sesión ao persoal fixo do Concello. A formación inclúe contidos xerais de prevención de riscos e específica dos postos de traballo que participan ademais dun módulo relativo ás medidas de prevención de transmisión do coronavirus.

 

Así, o pasado luns, 15 de xuño, realizouse a primeira sesión na que participaron os novos peóns de obras públicas e peóns forestais, contratados a través do Plan Concellos. Nas próximas semanas formaranse os operarios de limpeza de praias e, a continuación, os socorristas e os auxiliares da Policía Local. Xa no mes de xullo tocaralle a vez ao resto de traballadoras e traballadores municipais que desexen actualizar coñecementos nesta materia.

 

Revisións médicas

 

O Concello do Grove tamén está organizando as revisións médicas anuais de todo o seu cadro de persoal, que terá lugar, previsiblemente, a comezos dos mes de xullo. As revisións realízanse nesta época por coincidir co período que o Concello conta cun maior número de persoal contratado, garantindo así este procedemento que contempla tanto a revisión médica xeral como a realización de analíticas.