Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

OS SERVIZOS MUNICIPAIS COMEZAN CO HORARIO DE VERÁN

Fecha: 2020-06-22

O reparto de quendas de traballo para o verán non contempla persoal para a cobertura de desprazados nin reforzos de tarde para xullo e agosto.

 

O próximo 1 de xullo comezará, como todos os anos, o horario de verán dos servizos municipais, que se estenderá ata o 30 de setembro. Durante este período haberá unha redución de 30 minutos diarios da xornada habitual de traballo, que quedará establecida de 8.00 a 15.00 horas.

 

O persoal dos servizos de Emerxencias (incluído o de socorrismo en praias), Policía Local, Obras e Servizos (incluídos augas, iluminación, cemiterio, recollida de lixo e limpeza viaria), Turismo e Medio Ambiente (incluído o de limpeza de praias), que por necesidades de servizo durante estes meses non pode reducir o seu horario, poderá facelo nos meses de outubro, novembro ou decembro. Esta medida xa lle foi comunicada ao cadro de persoal municipal.